top of page

8ª Edición

VIAXE FIN DE CURSO 2023

Escomenzamos de novo a preparar a viaxe de Fin de Curso para este ano 2023, que nesta 8ª edición levaranos polo SUR DE FRANCIA, MÓNACO e ITALIA. Neste último país visitaremos o parque de atraccións "GARDALAND".

Temos en principio pensado sair o día 1 de XULLO, e a volta exacta dependerá de varios de factores loxísticos que aínda nesta primeira etapa de preparación é imposible evaluar, aínda que as nosas previsións son estar de volta o día 7 de XULLO.  Evidentemente, todo esto se concretará en próximas reunións.

A idade mínima para ir á viaxe é de 10 anos (teñen que estar cumplidos o día de saída), polo que se estás interesado na viaxe e en recibir máis información sobre ésta, deberás de pinchar no enlace que está ao fondo e cubrir o formulario.

Aparte do alumnado de Escola de Música tamén poderán participar na viaxe outras persoas vinculadas co funcionamento habitual da Escola, ou que sexan "invitadas" por calqueira membro de ésta. Con todo, a orde de prioridade para a elaboración da listaxe da viaxe será en primeiro lugar o alumnado matriculado no Centro no curso 2022/2023, colaboradores habituais nas actividades da Escola e por último os acompañantes. En caso de máis oferta que demanda, a orde de inclusión na viaxe farase tendo en conta a orde de chegada das solicitudes.

Foto 01.jpeg

GARDALAND

Foto 03.jpeg

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS

CONTACTO

      988246620

       668802141

       esmu.municipal.barbadas@edu.xunta.gal

DIRECCIÓN

        Rúa do Ensino, s/n

        32002 A Valenzá 

        Barbadás - Ourense

  • Facebook icono social
  • Twitter
  • Instagram

© 2024 Escola de Música Municipal de Barbadás

bottom of page