top of page

11ª Edición

VIAXE FIN DE CURSO 2026

A Escola de Música Municipal de Barbadás escomenza os preparativos para organizar a súa 11ª edición da viaxe anual, e este 2026 promete moitas sorpresas. O percorrido de este ano 2026 levaranos, durante 7 días, dende o 1 ao 7 de xullo de 2026 por  algunhas das cidades máis fermosas e sorprendentes de Europa, combinando cultura, paisaxes e diversión.

A nosa primeira parada será en Xenebra, cidade suíza de espírito internacional, situada ás beiras do Lago Lemán e arrodeada de montañas. 

Posteriormente visitaremos Lausana, unha auténtica xoia suíza. O seu casco antigo, cheo de vida, as vistas espectaculares sobre o lago e os Alpes, e o seu ambiente cultural farán que cada paso sexa unha experiencia. 

Deixando Suíza, cruzaremos fronteiras cara o pequeno pero fascinante Vaduz, capital do Principado de Liechtenstein. As súas rúas tranquilas, o seu castelo no alto do monte e as montañas que a arrodean convértena nunha postal viva, unha parada chea de encanto e historia.

Como punto culminante, chegaremos a Europa Park, en Alemaña, o segundo parque temático máis visitado de Europa. Alí gozaremos de atraccións que nos farán voar de adrenalina: montañas rusas, atraccións de vértigo, espectáculos incribles e recunchos que nos transportarán por toda Europa nun só día. Unha experiencia chea de emocións que non esqueceremos nunca.

No camiño de volta, a nosa última parada será en Limoges, no corazón de Francia. Esta cidade, famosa pola súa porcelana e o seu patrimonio histórico, sorprenderanos co seu casco vello, a fermosa Catedral de Saint-Étienne e unha atmosfera que combina arte e tradición.

Prepárate para uns días cheos de emocións que permanecerán sempre no teu recordo. 

A 11ª edición da viaxe da Escola de Música Municipal de Barbadás de 2026 acende os motores….. prepara as maletas e acompáñanos nesta aventura!

25.10.08 Póster.png

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS

  • TikTok
  • youtube-squared
  • Instagram

  CONTACTO

      668802141

             esmu.municipal.barbadas@edu.xunta.gal

DIRECCIÓN

        Rúa do Ensino, s/n

        32002 A Valenzá 

        Barbadás - Ourense

© 2025 Escola de Música Municipal de Barbadás

bottom of page