BENVID@S Á ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS
A Escola de Música Municipal de Barbadás nace no ano 2007 e ten, a día de hoxe unha oferta de 16 especialidades impartidas por 12 profesor@s sobre un total de 234 alumn@s, que se integran en distintas agrupacións: Coro, Banda de Música, Grupo de Corda, Banda de Gaitas, etc...
Ademáis da oferta de Especialidades temos implantado o programa de Música e Movemento, que está orientado a aqueles alumn@s con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos (ámbolos dous inclusive) que queiran iniciarse no mundo da Música.
Dende a Escola de Música tamén queremos fomentar a concienciación social de tódolos alumnos, e a importancia que ten a educación musical na formación, tanto persoal como social, das persoas. É por eso que centramos os nosos esforzos, aparte da docencia musical durante todo o curso, en tres importantes actividades:
-
Tódolos anos, dende a Escola de Música, organizamos un Festival Solidario onde os fondos recaudados van para distintas asociacións ou ONG cuio campo de acción vai dende aquelas que loitan por melloras sociais en colectivos desfavorecidos, ata aquelas que se adican á investigación médica enfocada a mellorar a calidade de vida de colectivos afectados por distintas enfermidades ou afeccións: o cancro, o síndrome de Down, diversas discapacidades, a esclerosis múltiple, o Párkinson, etc….
-
Durante todo o ano tamén se levan a cabo actuacións co fin de achegar a experiencia musical a tódolos rincóns do concello, para que aquelas persoas que non teñen facilidade para trasladarse aos concertos e recitais que a Escola realiza durante o ano, poidan disfrutar en igual medida da música en directo.
-
Asimesmo organízase anualmente unha viaxe por Europa co fin de compaxinar aspectos lúdicos (visitas a parques de atraccións, areas de ocio, etc...) con aspectos culturais: visita a monumentos, museos, etc.... É por eso que os alumnos tiveron ocasión nos últimos anos de coñecer diversas partes de Francia, Suiza, Alemania, Holanda, Bélxica, Reino Unido, etc...