top of page

9ª Edición

VIAXE FIN DE CURSO 2024

Escomenzamos de novo a preparar a viaxe de Fin de Curso para este ano 2024, que nesta 9ª edición vai a levarnos a PARÍS (FRANCIA)  e AMSTERDAM (HOLANDA). En París visitaremos o parque de atraccións "DISNEYLAND PARÍS" e a "TORRE EIFFEL".

Temos en principio pensado sair o día 1 de XULLO, e para a volta as nosas previsións son estar de volta o día 7 de XULLO.  Evidentemente, todo esto se concretará en próximas reunións.

A idade mínima para ir á viaxe é de 10 anos (teñen que estar cumplidos o día de saída), polo que se estás interesado na viaxe e en recibir máis información sobre ésta, deberás de pinchar no enlace que está ao fondo e cubrir o formulario.

Aparte do alumnado de Escola de Música tamén poderán participar na viaxe outras persoas vinculadas co funcionamento habitual da Escola, ou que sexan "invitadas" por calqueira membro de ésta. Con todo, a orde de prioridade para a elaboración da listaxe da viaxe será en primeiro lugar o alumnado matriculado no Centro no curso 2023/2024, colaboradores habituais nas actividades da Escola e por último os acompañantes. En caso de máis oferta que demanda, a orde de inclusión na viaxe farase tendo en conta a orde de chegada das solicitudes.

O prazo para inscribirse abrirase o vindeiro día 2 de NOVEMBRO ás 22:00 h., e rematará o día 15 de NOVEMBRO, tamén ás 22:00 h. Para iniciar o proceso de inscrición deberá de premerse o enlace que está abixo de todo e seguir as instruccións.

DISNEYLAND PARÍS 01.jpg

PARÍS

TORRE EIFFEL.jpeg
AMSTERDAM.jpg

AMSTERDAM

bottom of page